Buscar este blog

miércoles, 6 de marzo de 2019

MALA BESTA

MALA BESTA

Levo un moratón nun ollo,
na alma levo mil feridas:
conseguiches convencerme
de que a culpa era só miña.
Síntome coma un despoxo,
coma un paxaro sen niño,
que esqueceu como facer
póla a póla o seu destino.
Mala besta (iso é) (así sí)
Mala besta (tra, tra)
Mal, moi mal, moi mal, moi mal, moi mal (mira)
Mala besta (toma que toma) ('amonó)
Mala besta (iso é) (¡'illo!)
Mala besta
Mal, moi mal, moi mal, moi mal, moi mal
Mala besta (¡uh!)

Hai unha manda de lobos,
cheos de crueldá infinita,
devoran seguridade
das mulleres que aniquilan.
Teño medo de berrare,
teño medo da xustiza
feita por lobos máis vellos
que acochan ás súas crías.

Mala besta (iso é) (así sí)
Mala besta (tra, tra)
Mal, moi mal, moi mal, moi mal, moi mal (mira)
Mala besta (toma que toma) ('amonó)
Mala besta (iso é) (¡'illo!)
Mala besta
Mal, moi mal, moi mal, moi mal, moi mal
Mala besta (¡uh!)

Anque son pequeniña
son ghrande, fódete,
non vai haber quen me cale.
Na man levarei a fouciña,
nos dentes, o sangue
de quen me quixo perder
e máis rebaixarme.
Mal te fade!
Non vou dubidar un segundo
i en canal vou tallarte!

Mala besta (iso é) (así sí)
Mala besta (tra, tra)
Mal, moi mal, moi mal, moi mal, moi mal (mira)
Mala besta (toma que toma) ('amonó)
Mala besta (iso é) (¡'illo!)
Mala besta
Mal, moi mal, moi mal, moi mal, moi mal
Mala besta (¡uh!)

No hay comentarios:

Publicar un comentario