Buscar este blog

domingo, 14 de junio de 2015

A marea

O pobo de seos nus, máxime non sendo unha puta, non había de saír á rúa deixar que os malpensantes maledicentes lle espetaran aldraxes á cara, exporse a semellar o que non era correndo soa e sorteando clientes libidinosos certamente sedentos de poder. O pobo virxe conquerido con inocencia pura habíase limitar nos confíns do seu dominio acotado a exercer de contra, de muro de contención da iniquidade desexando con incerteza a ola definitiva que o erguera puxante ao cumio do ceo nalgún día lonxano.
Mais ás veces hai victorias que consisten en saber estar, en sentarse rexa coma unha petrucia enrrugada no tallo da solaina da casa, sabia e vella mais cos peitos nus cara o vento ceibe, e agardar que suba a marea. 
E a marea chega.



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada