Buscar este blog

viernes, 26 de abril de 2013

Como desaproveitar oportunidades ou Historia do Hotel Sada Marina

Penso que non é tanto pedir compromiso ó alcalde do teu pobo para que axude a mater os actuais _i escasos_ postos de traballo. Penso que non é extravagancia algunha engadir a unha concesión administrativa municipal  a habitual cláusula que subrogue ós empregados, de xeito que aínda que as empresas concesionarias muden porque non son quen de xestionar ben o negocio que teñen entre mans, non o fagan as persoas contratadas que coñecen a experiencia de anos no seu labor. 
Penso que non é de recibo agardar na cadeira política a que se cumpra a morte anunciada do Hotel Sada Marina, e menos aínda ver con desidia municipal como este buque insignia da hostelería comarcal fende de abandono, bota á plantilla, pecha e apodrece sen lle tentar á concesión as cóxegas xurídicas que todos sabemos que habelas, hailas se se queren buscar.
Mais ó señor Anido sí que se lle debe de facer moito todo isto, pois nin el nin os seus asesores tiveron un intre libre _desde o ERE do 2012_ para analizar qué coño se pode facer nun pobo case exclusivamente turístico cunha mole hoteleira que é quen de acomodar mais de 600 comensais nun sexto piso con vistas á ría. I eso, ata desaproveitada, inacabada e mal xestionada. Saberá o carpinteiro que facer co martelo, ca!
Na moción relativa ó Sada Marina do último pleno do concello, o PP limítase a aceptar que axudarán ós traballadores, pero se lles esquece dicir como. Cachis.... O BNG pensouno, e solicitou a subrogación dos empregados na seguinte concesión, amén de engadir que tras a segunda subasta deserta da SS habería que estar atentos _o Concello_ para recuperar nunha terceira poxa a explotación municipal do negocio por pouco prezo. Mais a quen traballou non se lle escoita nin atende neste puto pais. 
Anido, se prefires que dentro dun ano o hotel se convirta na meca dos okupas da zona, me la envaino, porque daquela sí que se lle daría algunha utilidade ó edificio. Reflexiona, por favor, mais sobre todo, actúa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario