Buscar este blog

jueves, 2 de febrero de 2012

Outra letriña de entroido: Urdangarín (música de A Lambada)


Mira que cabrón, que pasou anos roubándonos,
co Instituto Noos o duque papou vinte millóns.
Vaite Urdangarín, parecía un querubín
cando á infanta lle fixo tilín,
alto e xogador, o xenro mais juapo,
saiu sapo noxento e traidor.
Ai, Sofiá, achéjate alá, porque a merdá nos vai salpicar (bis)
I was a queen and I’m in the floor.

A mais dalgún gobern o duque os fixo prevaricar
contándolles o plan de consultoría hiperxenial,
e ata lles cobrou á SGAE, a Repsol,
Cepsa, Gas Natural e mais Tous.
E a familia Borbón, de sempre, sen control,
as facturas de Leticia ajachou.

Ai, Sofiá, achéjate alá, porque a merdá nos vai salpicar (bis)
I was a queen and I’m in the floor.

Ate o Froilán está agora baixo sospeita,
aínda que as infantas as alonxen da vida social.
Menudo país! Todos a delinquir
e cando nos pisen a testa, a aplaudir.
Porque sempre haberá un paraíso fiscal
para os Grandes de España namais.

Ai, Sofiá, achéjate alá, porque a merdá nos vai salpicar (bis)
I was a queen and I’m in the floor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario