Buscar este blog

miércoles, 25 de enero de 2012

COMPARSAS 2012 Ai, ai, así voce me capa (música de Así voce me mata)

   
Sarkozi foi de rapazas,
que a corentena o ten Carla,
e topou coa menina mais fera
de tódala Unión Europeia.

Merkel, Merkel, así voce me capa,
ai, coa prima de riesjo, ai, ai, coa prima de riesjo.
Rabiza, rabiza, así voce me capa,
ai, coa prima de riesjo, ai, ai, coa prima de riesjo.


Rubalcaba foi de primarias,
cría que era o único da praza,
e topou coa menina millor armada,
que mandou canóns e fragatas.

Chacón, Chacón, así voce me capa,
ai, no congreso, ai, ai, no congreso.
Rabiza, rabiza, así voce me capa,
ai, no congreso, ai, ai, no congreso.


Bob Esponxa estaba na praia
laiándose dunha vida vana,
e chegou a menina mais xeitosa
que lle birlou a audiencia toda.

Dora, Exploradora, así voce me capa,
ai, no televexo, ai, ai, no televexo.
Rabiza, rabiza, así voce me capa,
ai, no televexo, ai, ai, no televexo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario