Buscar este blog

sábado, 7 de enero de 2012

A importancia económica de sermos poligoneiros

Ouvimos por doquier que os locais de copas molestan ós veciños polos ruidos e mais pola suciedade que xeneran nas rúas de movida que os aloxan. Tamén lemos, moi recentemente, que o exalcalde de Santa Comba _vila-vórtice de atávica peregrinación nocturna en toda a comarca do Xallas desde fai mais dunha década_ otorgou case cincuenta licencias de tablao flamenco alí, no berce mesmo da muiñeira e a regeifa. E confesamos sin remisión que canto mais a crise nos trabe no peto, mais aguzaremos o inxenio  para sacar _da avoa, da hucha do neno ou dun caixeiro sen liña_ cincuenta pavos que lle votar ó coleto un saturday night. Daquela, toda vez aceptadas estas premisas: a inevitable necesidade dos locais nocturnos de desfogue finisemanal, a inesgotable sede monetaria das administracións municipais, e mais o patente baleiro dos polígonos industriais galegos, a pregunta que se nos plantexa é obvia, e seica constructiva. Por qué non abrir discotecas e salas de concertos nestas naves amplas e convenientemente alonxadas dos núcleos poboacionais? Por qué non aceptarmos sen complexos que a nosa alma é poligoneira, e que ademais convénlle á nosa economía e ás cifras de sinistralidade de tráfico que saiamos e voltemos a casa acochadiños no bus, eso sí, cheíños coma a lama?
A proposta que agora plantexo non é nova, pois xa existe noutros lugares do estado español, pero e que aquí a Xunta segue empecinada en facer de Galicia un grande polígono industrial baleiro e vendernos, aínda por riba, que é necesario facer sitio a unha industria pantasma ou fenecida. O único sector vivo que queda por estes pagos é o sector servicios. Pois, daquela, démoslle cabida e facilidades ós locais de concertos poligoneros, cuxos altofalantes non nos van despertar do noso longo sono.
 De feito, os prezos xa lles conveñen moito mais que no centro urbán, onde vai parar: por exemplo, alugar unha nave en O Ceao costa de media 2 euros por metro cadrado, é dicir, se ten 500 m o arrendatario terá que desembolsar mil euros mensuais. I ese custo pódese abaratar nun 25% no caso de grandes locais. Nada que ver, por tanto, cos 3 ou 4 euros que poden costar o aluguer no núcleo urbán lucense _xa non falemos de outras cidades galegas coma Coruña ou Vigo.
Por outra banda, as licenzas que regulan o asentamento das discotecas e salas de concertos nos polígonos han de ser favorecedoras e claras. Se os locais acaban por seren ilegais como sucede en Femades, Cornellà de Llobregat, onde só poden instalarse espacios de ocio para os traballadores dos polígonos, e van e lles plantan alí tres macro discotecas sen regulación, pois os veciños protestan con razón.
Do que se trata é de evitar os conflitos por ruído entre negocios e moradores, como sucede a cotío nos centros urbáns; habilitarlles ós polígonos un bo sistema de transporte colectivo que xa adoitan ter para as horas do día por semana ou ou ampliarlles o horario –co conseguinte incremento de postos de traballo dos conductores da compañía de autobuses, e da reducción de fill@s mortos por accidente_; e tamén puxar polas novas bandas de música galega, que rematan esmorecidas ou ignotas entre tanta chunda-chunda de importación que fan ultramonótona a movida das nosas cidades. Pero ben, para gostos, os que queiran seguir co chunda, pois á súa nave correspondente.
Nos polígonos queda sitio para moita festa e moito negocio: nada menos que 54 millóns de m2 de superficie industrial en Galicia, da que mais de 6 millóns está dispoñible agora mesmo. E aínda nos quere vender o goberno de Feijoo que precisamos 45 millóns de metros mais ata o 2024? Vaiamos con calma.
Pero aínda uns razoamentos mais, o dos polígonos é todo un fenómeno socioprofisional que non podemos deixar á marxe. E vallan estas pequenos apontamentos que siguen como sintético estudo de mercado do que xeran ou poden xerar estes novos espazos no extrarradio das cidades do século XXI. As primeiras que decidiron levar a súa mercaduría cara eles foron as emprendedoras do oficio disque mais vello do mundo, si, as putas. De feito, a verba “poligonera” _aínque que non figure aínda no DRAE_ veu primeiro a significar _antes que a frecuentadora de discotecas instaladas nos polígonos_ a prostituta que, deixando de facer a rúa, deu en facer o polígono en busca dos posibles clientes que saen de traballar con cartos frescos e ideas tristes das industrias. E detrás delas, claro, viñeron outros grandes rastreadores de negocio, alí onde os haxa: os chineses. Só por poñer tres exemplos dos moitos que hai, o famoso Chino Antonio de O Ceao, mais os Merkasia do Espíritu Santo e da Grela en A Coruña atraen a todos os veciños do entorno, aínda que que haxa que coller o coche para ir ex profeso visitalos. Que nos importa, si facer quilómetros para ir mercar e festear é algo inherente á nosa idiosincrasia de feirantes galegos…
Así que, unha vez posta a pica polos chineses, nos polígonos quedan aínda moitas posibilidades sen explotar. Pénsese, por exemplo, nas garderías que farían falta para coidar ós fillos dos traballadores, ou nos supermercados que, cun horario flexible, poderían abastecer as casas destes mesmos curritos cando saen do choio; e, por suposto, nos restaurantes e cafeterías que poderían vivir dos turnos laborais. Moitos xa o fan, eso si, tendo que asumir unha metamorfose kafkiana ó mediodía. Eu mesma traballei de mañá nun negocio de hostelería do polígono de Pocomaco en A Coruña, poñendo moreas de almorzos e cafés, enfundada nos habituais pantalón negro mais camisa branca; pero, ai, cando chegaba o serán e con el as rapazas do seguinte turno cambiaban as tornas. Nada de pelos recollidos nin austeras blusas de traballo, aquelo transformábase directamente nun pub ás cinco da tarde, con exóticas camareiras inmigrantes tras da barra, aderezadas con escotes xenerosos, ombligos con piercings ó aire, cabelos peiteados á moda, e suxerentes conversas cos clientes marioritariamente masculinos cubata va cubata viene.
A vida tira da economía. Só hai que estar atentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario