Buscar este blog

viernes, 17 de mayo de 2013

Fíos e verbas


Eu quero ser artesá de fíos e de verbas. Facer da posibilidade feitos. Quero transformar o mundo transformando esas materias primas que teño ó meu alcance e criar cousas novas, con formas recén nadas, que saen pequeniñas das miñas mans, completas, de cores, de adxectivos variopintos, ó meu gosto, ó meu xeito. E que a xente para quen as fago poña un sorriso na súa face, ou unha enrruga na súa fronte, ou unha interrogante na súa expresión, cavilando ideas propias sobre o tema que lles propoño. Quero que me deixen facer as cousas ó meu ritmo, sempre animada pola ansia de rematar cada nova criatura única que modelo. Non gostaría de voltar facer algo que so me motiva para gañar cartos e sobrevivir. Por iso hei tratar de manterme da miña obra, e animo a todo o mundo a facer o mesmo, pois agora que é tan difícil atopar un choio, por que non inventalo?
Bo día das letras galegas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario