Buscar este blog

domingo, 11 de diciembre de 2011

Non se xoga ca ilusión dos parados


4.500 millóns, nada menos, gastará a Xunta en ensinarnos a galegos de 16 concellos a buscar traballo activamente. Burriños, dirá o outro, que non saben atopalo. Daranse conta dunha vez estes listos gobernantes de que o emprego hai que crealo, pois non o hai? En Sada xa empezaron a actuar os súper empregadores fhasion, con Anido, o alcalde, á cabeza saíndo nos mass media ben contento e arrodeado por trescentas persoas que foron citadas na Casa da Cultura unha mañá cedo de novembro, non se sabe con que criterios de elección (pois disque parados, parados, hai mais de 1.120 no municipio) nin con que obxecto laboral. I é que nin os protagonistas sabían para que ían presentarse, nin tan sequera ós 100 afortunados que pasaron a primeira peneira i están citados para mañá 12 de decembro llelo dixeron, nin o saberán de certo os 38 finalistas que disque van acadar uns postos dos que ninguén fala.  Porque se os tiveran ben amarrados de antes, tanto a Anido, como ó concelleiro de Promoción Económica como á de Facenda i Emprego se lles enchería a boca falando de prazas concretas, e non de futilidades como “involucrarse personalmente en la búsqueda” ou obviedades ocas polo estilo. Non é tan difícil botar as contas, moitas empresas grandes en Sada non hai: o Hotel está cun ERE que ó mellor, se pecha e quedan os traballadores sen cobrar, aínda lle pode supor ó Concello asumir a súa responsabilidade subsidiaria por dono do edificio; a pequena hostalaría sufre unha sobresaturación; sobre do Carrefour Express colga unha sentenza _recorrible pero sentenza_ de desinstalación; Arévalo non vive o seu mellor momento; e a futura planta de cultivo de algas en terra aínda é futuro, xa que fai nada ía para Miño, e non daría para tanta posto. En fin, que en toda a parafernalia montada _supoño que non só neste concello senón nos outros 15_a única praza segura é a do formador do curso de técnicas de busca activa de emprego, pois esa corre a cargo da partida económica dotada pola Xunta, que no caso da perla mariñá ascende a 111.200 euros, mais aínda que a de A Coruña. Sorte para esa persoa.
Tanto balbordo para impartir un curso? Tanta publicidade mediática para unha soa praza? Si é verdade que teñen os postos de traballo buscados, que informen ós participantes dunha vez, e non os alenten con vacuas esperanzas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario