Buscar este blog

sábado, 24 de abril de 2021

Leoa

Ruxe, leoa, pra me durmir calma, pra saber que estás aí, cabo dese cordón que nos unirá sempre, aínda que fuxa das mans o globo vermello da infancia.
Ruxe como ti eres, como a raíña da selva da casa, como o valado de pedra onde laio, como o peito latindo que cría e fai medrar a herba fresca. Ruxe e cóntame da vida, das túas odiseas dun día, deses silencios cómplices, de cando ao parirme estoupaches, e rirmos xuntas da sorte e da morte. Ruxe saltando á corda, ruxe enxugando a roupa, facendo trampas á escoba; e cando andes perdida nas ondas, ruxe tamén, leoa, que o teu ruxir é pra min a existencia toda. (Adicada a miña nai, miña irmá e miña comadre, as nais máis enormes que coñezo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario